13/12/17

TÓDALAS AUGAS REMATAN NO MAR

A Rosa chámanlle a forte e a valente. É unha muller loura, delgada e pobre que vive cos catro fillos preto da miña aldea.
Rosa e Antón eran dous namorados que tiveron que separarse por motivos económicos, Antón tivo a necesidade de emigrar ás Américas en busca de fortuna para poder manter á súa familia. Alí estivo vivindo bastante tempo, conseguiu un traballo fixo e así puido enviar diñeiro ao seu lugar de orixe. Comunicábase con Rosa mediante cartas, nas que lle contaba que regresaría en breve. E así foi, tempo despois decidiu volver. Colleu un barco para emprender a súa viaxe de volta, pero desgraciadamente tivo un accidente e afundiu, acabando coa vida de tódolos pasaxeiros, incluído el.
Foi tanto o tempo transcorrido, tantos os meses esperando, que comezou a preocuparse, ata que se deu de conta de que o seu marido xamais regresaría.
Por iso, agora tódolos días vai ao río que ten preto da casa e tira pétalos de rosas vermellas que tanto lle gustaban a Antón. Ela ten a esperanza de que algún día chegarán a onde estea o seu marido, xa que tódalas augas rematan no mar.