06/02/18

13/12/17

TÓDALAS AUGAS REMATAN NO MAR

A Rosa chámanlle a forte e a valente. É unha muller loura, delgada e pobre que vive cos catro fillos preto da miña aldea.
Rosa e Antón eran dous namorados que tiveron que separarse por motivos económicos, Antón tivo a necesidade de emigrar ás Américas en busca de fortuna para poder manter á súa familia. Alí estivo vivindo bastante tempo, conseguiu un traballo fixo e así puido enviar diñeiro ao seu lugar de orixe. Comunicábase con Rosa mediante cartas, nas que lle contaba que regresaría en breve. E así foi, tempo despois decidiu volver. Colleu un barco para emprender a súa viaxe de volta, pero desgraciadamente tivo un accidente e afundiu, acabando coa vida de tódolos pasaxeiros, incluído el.
Foi tanto o tempo transcorrido, tantos os meses esperando, que comezou a preocuparse, ata que se deu de conta de que o seu marido xamais regresaría.
Por iso, agora tódolos días vai ao río que ten preto da casa e tira pétalos de rosas vermellas que tanto lle gustaban a Antón. Ela ten a esperanza de que algún día chegarán a onde estea o seu marido, xa que tódalas augas rematan no mar.

12/11/17

ASÍ SON EU: COMO ME VEN?



       

         Aldara é unha rapaza un pouco traste, aínda que moi cariñosa. Gústalle moito cantar (pasa todo o día cantando). Sempre está feliz, pero cando se enfada é insoportable, gústalle facer loucuras, e cando se xunta cos amigos... Está todo o día co móbil, aínda que algunhas veces xoga comigo. Gústame moito facer que se pique, porque se acaba enfadando e pechándose na súa habitación. Polas noites non me le contos nin cousas desas porque está moi ocupada repasando para os seus exames, e eses libros non me interesan. Sempre me saca fotos e pásase o día mirándose ao espello.

Adrián, 8 anos (irmán)


          Aldara é una rapaza baixa e algo loura (aínda que ela diga que non) que sempre está falando e contándome cousas novas. Gústame moito estar con ela, porque aínda que estea "pintando o parvo" pásoo moi ben. É moi simpática e pasa o día rindo, pero cando está enfadada ou triste por algo é difícil de soportar. Axúdame en moitas cousas, pero tamén se mete comigo (eu tamén o fago). Encántame rexoubar con ela e sacar fotos.

Noemí, 15 anos (curmá)



Fonte da imaxe:

24/10/17

ASÍ SON EU


GÚSTAME

Gústame o verán, estar cos amigos, durmir, os reencontros,  ver películas, estar no sofá cando hai días chuviosos, a piscina, o son do mar, xogar coas ondas na praia, a cor rosa, os animais, estar coa familia, o bocadillo de lomo e queixo, o chocolate, o xeado de vainilla, a nocilla, os batidos de chocolate, as pipas, xogar ás cartas na toalla os días de piscina, sacar fotos, coñecer xente nova, a neve, ir de compras, ir ao campo de fútbol cos amigos, facer videochamadas, montar en bicicleta, ir de festa, xogar co meu irmán, xogar ao fútbol…


NON ME GUSTA

Non me gusta o frío, as fabas, o brócoli, o sushi, o café, os iogures, o cheiro do pintauñas, os exames, ter moitos deberes, o comezo das clases,  as despedidas, a cor vermella, as galiñas, a xente mentirosa, o son dos cubiertos ao frotalos, discutir, as cóxegas nos pés, o racismo, o vento, as películas de medo, ver a xente chorar, os luns…


                                      
                                 
Añadir leyenda